Consumo eléctrico de orixe renovable. Nosa Enerxía

“O historiador británico Thomas Fuller dicía que todo é moi difícil antes de ser sinxelo. Ás veces semella complicado plantexar alternativas ao sistema preestablecido. Pero con vontade pode facerse. Esa é a vocación de Nosa Enerxía, que nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada e que aposta pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente.”

(Web de Nosa Enerxía)

 

Donde fai un par de meses formamos parte de Nosa Enerxía Cooperativa Galega e ter atopado unha iniciativa deste tipo en Galicia fai que miremos o mundo cunha ollada optimista.

A través desta organización participativa consumimos enerxía eléctrica de orixe renovable e temos a oportunidade de decidir sobre a xestión deste consumo. Eliminamos intermediarios polo que, como socios, desfrutamos dunha tarifa máis reducida neste trimestre en comparación coa tarifa que presenta a comercializadora referente no mercado enerxético en Galicia. Deste xeito podemos satisfacer as necesidades básicas cunha tarifa baixa que permite poder aforrar, consumir enerxía renovable, responder ás necesidades de consumo sen unha intención lucrativa e apostar por outro modelo enerxético.

Estamos entusiasmados porque sabemos que esto só pode ser o comezo dunha gran amizade xa que, a longo prazo, a cooperativa tamén ten como obxectivo a promoción de proxectos de xeración de enerxía renovable de xeito distribuído, como outro dos pasos para acadar un modelo enerxético 100% renovable.

Porque cremos firmemente na economía colaborativa, se todavía non coñeces o traballo desta cooperativa, dámoste a benvida á mello opción alternativa para xestionar e consumir enerxía eléctrica de orixe renovable en Galicia. Infórmate! Cantos máis sexamos, mellor

 

Creado por: Tamara Blanco

Comunicación, Social Media, Branded Content y Producción Audiovisual con un propósito: dar pasos por la sostenibilidad del planeta y de todos los seres que lo habitan. Licenciada en Periodismo especializada en audiovisual y nuevos formatos.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar