
- Este evento ha pasado.
I Encontro EcoEspazo de Lectura de A Coruña
17 diciembre, 2016 @ 17:30 - 20:00
Gratuito
O «EcoEspazo de Lectura Ecoloxista de A Coruña» nace co obxetivo principal de fomentar o estudo, a reflexión e o debate sobre ecoloxismo para formarnos e aumentar a conciencia ecoloxista en A Coruña e na sociedade enteira a través da Rede Ibérica de Espazos de Lectura Ecoloxista «Terra Livre» (grupo de FB: https://www.facebook.com/groups/TerraLivre/ )
A dinámica do espazo é sinxela, prográmase unha lectura mensual e un encontro para xuntarnos e debatir e reflexionar en común. (Enviade as vosas propostas de lecturas para os vindeiros meses) Comezamos a nosa andadura cóa programación de duas lecturas: «Nós os detritívoros» e «A Esquerda ante o colapso da civilización industrial» de Manu Casdeiro . Agradecer ao autor a sua colaboración e a sua disposición para estar con nós no noso primeiro encontro que será o vindeiro 17 de decembro ás 17,30 en 15002 Ideas Coworking , na rúa Ángel Rebollo, ás que tamén queremos agradecer a sua colaboración para a organización deste evento.
Podedes mercar os libros en https://www.asociacion-touda.org/tienda/ e nun par de días os teredes na casa. Se queredes participar pero non podedes mercar o libro non deixedes de ver o material complementario que adxuntamos posteriormente e vos animamos a que os solicitedes na biblioteca pública do voso barrio e desta forma fomentemos que as bibliotecas públicas dispoñan dunha bibliografía sobre ecoloxismo cada día máis extensa. Tamén podedes poñervos en contacto connosco que temos algún exemplar disponible.
Material complementario:
– http://detritivoros.com
– Entrevista ao autor https://www.youtube.com/watch?v=SMq3BGoCkhg
– Blog de Antonio Turiel Martínez http://crashoil.blogspot.com.es
– Blog de Florent Marcellesi http://florentmarcellesi.eu/
– 15-15-15 Revista para una nueva civilización coordinada polo autor dos libros programados.
– Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
– http://esquerda.colapso.info/doku.php?id=start
– https://ecopolitica.org
Estades todas convidadas a participar. Reflexiona! Debate! Difunde!